viernes, 26 de agosto de 2011

Alumeando a néboa








O plano perfecto

A incerteza das suposicións mata. Moitas veces recreas na túa mente unha situación, un plano idílico. Sabes que se todo vai ben se reproducirá tal día e tal hora baixo unhas condicións predicibles. O sabes todo sobre o espacio, sobre o lugar onde vas a colocar o trípode e sabes perfectamente en que vai a consistir o encadre, sabes o que vai ocorrer dentro del. Mais na realidade dominada o azar, e este pode xogar malas pasadas… mais tamén boas. Sabía que quería un plano xeográfico, para meter no lugar ao espectador, quería as referencias paisaxísticas para situar desde un comezo ao espectador. Un propósito que viuse disipado pola néboa e nunca mellor dito…

Quen ía decir que en verán, en pleno agosto ía a non ver un inmenso ceo azul. Os meus plans trocáronse cando desde o día anterior veo un fronte que trouxo neboa e choiva. Levaba meses planeando ese plano e por razóns climáticas fóronse pola borda. A frustación chegou e por unhas horas inmobiliceime dando por perdido todo. Pola mañá vin que a néboa e a chuvia ficaban quedos, nunha fase estable. A hora exacta pretendida para o plano o tempo deu un respiro e deixou unha franxa pola que acceder ao pretendido. Decidinme intentalo.

Non decepcionou. Probablemente o plano máis hermoso que tierei nunca. Alí estaba o barrio recortado pola neboa ante o Monte Santa Trega. E chegou a hora sinalada. Pensaba que os foguetes ían ser desde a Praza de San Queitano, máis non foi desde a ribeira, desde cerca da Fonte de Santa Catalina, cerca de antiga Cetárea. Os foguetes subían e e o fume era arrastrado cara o norte, cando normalmente sería ao revés. Pola neboa os foguetes foron menos do normal. A duración exacta. E unha vez rematado todo encheuse de fume con cheiro a polvera que cubría todo grazas a densidade das nubes.

Foi o meu plano perfecto. Haberá máis planos perfectos? Si sen dúbida.

A Cruzada en néboa

Outra vez a nebopa sae ao rescate dos galegos. A verdade que o futuro está indefinido... Poderase seguir para diante?



lunes, 1 de agosto de 2011

Fragmento da crónica do FID Marsella feita polo crítico británico Neil Young

Sacado do Blog "Sinais de vida": http://blogs.xornal.com/sinais-de-vida/
(...)

De feito, a inmensa maioría das seleccións do FID son rarezas mesmo
para a maioría dos centros culturais de Gran Bretaña -dados os
imperativos económicos do sistema de distribución, é realmente o único
dos festivais de cinema que se pode permitir darlle unha oportunidade
a un proxecto tan salvaxemente esotérico coma, por exemplo, VIKINGLAND
de Xurxo Chirro.

Despois de descubrir por casualidade un lote de fitas VHS na sección
de estudios locais da biblioteca da súa vila, Chirro decatouse de
foran filmadas durante 1993/94 por Luís Lomba -coma
Chirro, un nativo da rexión española de Galicia- durante o tempo que
traballou baixo cuberta nun ferry danés/alemán. O que comeza coma unha
broma inxenua e banal con estilo de vídeo caseiro (e que provocou
varias escapadas antes da metade na segunda proxección pública) medra
con forza para volverse máis intrigante a medida que Lomba explora as
capacidades da cámara. As imaxes sen cortes do seu traballo que
rexistra recordan o vídeo-arte experimental -e durante os enigmáticos
interludios no camarote intuímos un individuo máis introspectivo que o
nacho despreocupado que coñecen os seus compañeiros.

A VIKINGLAND deulle forma evidentemente Chirro -en capítulos
inspirados (mesmo no título) polos interludios de non-ficción do
clásico mariño de Herman Melville MOBY-DICK. Mais isto é un MOBY-DICK
sen balea, sen Ahab -e os seus inquietantes e inesperadamente
resoantes resultados quizais lle deban polo menos outro tanto ás
parábolas psicolóxicas do mariñeiro-escribán Joseph Conrad.

Aínda que perdura con sorprendente forza na memoria (para todos
aqueles que a vimos até o final, un segundo visionado pareceu
inmediatamente desexábel), VIKINGLAND non foi o máis logrado debut do
FID 2011. Esa honra perténcelle a HOW I FILMED THE WAR de Yuval Sagiv,
que foi -sorprendentemente- exhibido por primeira vez fóra do seu país
de orixe, Canadá, onde se estreou en maio de 2010.

(...)

Cartaz de Vikingland

Cartaz realizado pola deseñadora da Coruña Marta Cortacans.