viernes, 29 de julio de 2011

Significado de "Chanfreiro"

Comezamos coas hipoteses e as teorizacións. Mais vale avisar desde un comezo para aqueles lectores que están acostumados ás exactitudes científicas.

Probablemente Chanfreiro fose un alcume de José Ventura Rodríguez. Neste punto a denominación podería vir pola palabra "chanfro", que ben do portugués, e significa "chaflán". Podería ser que se fiixera referencia ao elemento urbanistico que había na unión da rúa da Roda, do Canal e San Queitano, mais esta opción hai que desbotala por demasiado perecisa. Tamén seguindo coa acepción lusa podíamos falar de facer cortes e aqui entraría a ocupación do pai de familia. Non se sabe moito da ocupación do Chanfreiro, mais probablemente fose un indiano retornado que podía estar dedicado a albaneleiría ou a algún tipo de venda de mercadorías que se precisase dun corte. Esta opción é a que pode ter máis prestancia mais non é a única...

A outra perspectiva é a que fai referencia a toponimia. Chanfreiro obviamente é unha palabra composta por "chan" e "freiro". A primeira parte non ten dúbida ningunha e fai relación ao chan, á superficie, ao territorio. A segunda é algo mais complicada. Non existen moitos topónimos relativos a "freiro". O máis destacable é o Monte Freiro, en Brión, na Comarca da Barbanza. Nun principio se podería pensar que podería vir de "frío" mais esta opción fica desbotada. A opción que dou prioridade é unha derivación de "freire", un topónimo máis usual e que incluso é un apelido bastante espallado. Se afondamos neste termo vemos que ten unha procedencia xermánica e que fai referencia: a "deusa da xuventude". Deste modo "freiro" pode facer relación ao novo, ao vital e ao fértil, ou, tamén, pode ter a acepción de "virxinal", e, de aí, o paralelismo co termo relixioso de  "freira".

Así a razón de xuntar os dous termos ven sendo que é unha descrición dunha zona ou paisaxe. Polo tanto creo que aquí se atopa a resolución do enigma chanfreiros significa: "TERRAS NOVAS".

Polo tanto a denominación da familia viría polo alcume do cabeza de familia, de José Ventura Rodríguez, que indicaría o seu carácter de descuberta ou de iniciarse en novos territorios. Estes novos territorios sería da procedencia ou, porén, polo sitio onde se estableceu, é dicir, o barrio da Cruzada. A familia dos Chanfreiros era unha familia destacada no barrio, con bastante descendencia, tiñan bastantes propiedades e fixeron actividades sociais en prol da comunidade. Unha implicación do terreno que orixinou correspondencias recíprocas de atribucións nominais.

Seguindo con este xogo de relacións asumimos tamén este legado e entonamos o termo CHANFREIRO como "novo" eido, camiño, perspectiva, enfoque... Personalmente quédome con outra máis simbólica: os Chanfreiros é o inicio da Cruzada.

Depois desta parrafada nada sabemos en concreto polo tasnto seguimos na procura indagando na procura dunha solución máis satisfactoria.

Imos, pois, a ver ata onde pode chegar a sombra do chanfreiro. 

Algúns membros dos Chanfreiros


Esta era a familia dos Chanfreiros que tiñas a súa casa no comezo da rúa San Queitano na Guarda. A súa casa flanqueaba o inicio do camiño que vertebra a parte de abaixo do barrio da Cruzada. O cabeza de familia desenvolveu algunha actividade de patrocinio de obras sociais como unha das fontes do barrio onde a xente ía na procura de abastecemento de auga.