lunes, 1 de agosto de 2011

Fragmento da crónica do FID Marsella feita polo crítico británico Neil Young

Sacado do Blog "Sinais de vida": http://blogs.xornal.com/sinais-de-vida/
(...)

De feito, a inmensa maioría das seleccións do FID son rarezas mesmo
para a maioría dos centros culturais de Gran Bretaña -dados os
imperativos económicos do sistema de distribución, é realmente o único
dos festivais de cinema que se pode permitir darlle unha oportunidade
a un proxecto tan salvaxemente esotérico coma, por exemplo, VIKINGLAND
de Xurxo Chirro.

Despois de descubrir por casualidade un lote de fitas VHS na sección
de estudios locais da biblioteca da súa vila, Chirro decatouse de
foran filmadas durante 1993/94 por Luís Lomba -coma
Chirro, un nativo da rexión española de Galicia- durante o tempo que
traballou baixo cuberta nun ferry danés/alemán. O que comeza coma unha
broma inxenua e banal con estilo de vídeo caseiro (e que provocou
varias escapadas antes da metade na segunda proxección pública) medra
con forza para volverse máis intrigante a medida que Lomba explora as
capacidades da cámara. As imaxes sen cortes do seu traballo que
rexistra recordan o vídeo-arte experimental -e durante os enigmáticos
interludios no camarote intuímos un individuo máis introspectivo que o
nacho despreocupado que coñecen os seus compañeiros.

A VIKINGLAND deulle forma evidentemente Chirro -en capítulos
inspirados (mesmo no título) polos interludios de non-ficción do
clásico mariño de Herman Melville MOBY-DICK. Mais isto é un MOBY-DICK
sen balea, sen Ahab -e os seus inquietantes e inesperadamente
resoantes resultados quizais lle deban polo menos outro tanto ás
parábolas psicolóxicas do mariñeiro-escribán Joseph Conrad.

Aínda que perdura con sorprendente forza na memoria (para todos
aqueles que a vimos até o final, un segundo visionado pareceu
inmediatamente desexábel), VIKINGLAND non foi o máis logrado debut do
FID 2011. Esa honra perténcelle a HOW I FILMED THE WAR de Yuval Sagiv,
que foi -sorprendentemente- exhibido por primeira vez fóra do seu país
de orixe, Canadá, onde se estreou en maio de 2010.

(...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario