Mostrando entradas con la etiqueta Chanfreiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chanfreiros. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de julio de 2011

Significado de "Chanfreiro"

Comezamos coas hipoteses e as teorizacións. Mais vale avisar desde un comezo para aqueles lectores que están acostumados ás exactitudes científicas.

Probablemente Chanfreiro fose un alcume de José Ventura Rodríguez. Neste punto a denominación podería vir pola palabra "chanfro", que ben do portugués, e significa "chaflán". Podería ser que se fiixera referencia ao elemento urbanistico que había na unión da rúa da Roda, do Canal e San Queitano, mais esta opción hai que desbotala por demasiado perecisa. Tamén seguindo coa acepción lusa podíamos falar de facer cortes e aqui entraría a ocupación do pai de familia. Non se sabe moito da ocupación do Chanfreiro, mais probablemente fose un indiano retornado que podía estar dedicado a albaneleiría ou a algún tipo de venda de mercadorías que se precisase dun corte. Esta opción é a que pode ter máis prestancia mais non é a única...

A outra perspectiva é a que fai referencia a toponimia. Chanfreiro obviamente é unha palabra composta por "chan" e "freiro". A primeira parte non ten dúbida ningunha e fai relación ao chan, á superficie, ao territorio. A segunda é algo mais complicada. Non existen moitos topónimos relativos a "freiro". O máis destacable é o Monte Freiro, en Brión, na Comarca da Barbanza. Nun principio se podería pensar que podería vir de "frío" mais esta opción fica desbotada. A opción que dou prioridade é unha derivación de "freire", un topónimo máis usual e que incluso é un apelido bastante espallado. Se afondamos neste termo vemos que ten unha procedencia xermánica e que fai referencia: a "deusa da xuventude". Deste modo "freiro" pode facer relación ao novo, ao vital e ao fértil, ou, tamén, pode ter a acepción de "virxinal", e, de aí, o paralelismo co termo relixioso de  "freira".

Así a razón de xuntar os dous termos ven sendo que é unha descrición dunha zona ou paisaxe. Polo tanto creo que aquí se atopa a resolución do enigma chanfreiros significa: "TERRAS NOVAS".

Polo tanto a denominación da familia viría polo alcume do cabeza de familia, de José Ventura Rodríguez, que indicaría o seu carácter de descuberta ou de iniciarse en novos territorios. Estes novos territorios sería da procedencia ou, porén, polo sitio onde se estableceu, é dicir, o barrio da Cruzada. A familia dos Chanfreiros era unha familia destacada no barrio, con bastante descendencia, tiñan bastantes propiedades e fixeron actividades sociais en prol da comunidade. Unha implicación do terreno que orixinou correspondencias recíprocas de atribucións nominais.

Seguindo con este xogo de relacións asumimos tamén este legado e entonamos o termo CHANFREIRO como "novo" eido, camiño, perspectiva, enfoque... Personalmente quédome con outra máis simbólica: os Chanfreiros é o inicio da Cruzada.

Depois desta parrafada nada sabemos en concreto polo tasnto seguimos na procura indagando na procura dunha solución máis satisfactoria.

Imos, pois, a ver ata onde pode chegar a sombra do chanfreiro.